Marianne (Cortes de Muar)
Marianne e Moura | Cortes de Muar (Silleda) Os dous de vaca. O Marianne, madurado en feo durante 3 meses. O Moura, 5 meses en bodega. Querendo repetir o deleite do Moura que tiñan no Sendeiro, sen querer querendo acabei levando o Marianne. O mellor erro-acerto de 2026. Faime graza que eu digo "condes" e hai tendas en liña onde lle chaman "cortés". Pois iso, leva o que queiras, que che vai prestar.
DaJosefa (Queixería DaJosefa)
DaJosefa, de DaJosefa (Palas de Rei) Leite cru de vaca Maduración: 20 días As nais que non se atreven con queixos fortes, devecen por el. Na praza haino por metades, en pequeno e envasado ó vacío (risco ó mínimo).
Terra (Airas Moniz)
Terra, de Airas Moniz (Chantada) Pasta branda e cortiza comestible. Leite cru de vaca Jersey. Trinta días de afinado. Para quedar ben en Nadal, vai por Marqués de Valladares e compra esta marabilla cremosa, pero que non estea agradando moito na neveira, que calla.
Savel (Airas Moniz)
Savel, de Airas Moniz (Chantada) Leite de vacas Jersey. O Penicilium roccaforte apórtalle a cor. Dous meses de maduración en cava. De sobra coñecido, o queixo azul de noso leva dez anos acumulando premios e loubanzas. Igual de intenso, pero máis suave. If you know, you know.